formaciocc81n.jpg

O sábado 18 de agosto levouse a cabo a XXXIX Festa do Gaiteiro, homenaxeando a Avelino Cachafeiro.

Neste ano 2018 sinalamos o 90 aniversario da primeira gravación da popular “Muiñeira de Chantada” realizada no ano 1928 polos Gaiteiros de Soutelo.

A súa primeira formación estaba composta por unha gaita, tocada por Avelino Cachafeiro, un frautín feito polo artesán Joaquín García García no seu obradoiro de Riobó, tocado por Castor Cachafeiro, unha caixa tocada por Bautista Cachafeiro e un bombo tocado por Fermín Cachafeiro.

gaiteiros-de-soutelo1

Anos máis tarde sería cando adoptan o dúo de gaitas e pasarían á formación de cuarteto, que tivo moita trascendencia naquela época, chegando a dicir moita xente que foron os primeiros en “inventar” este tipo de formación.

Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo voltaron aos inicios deste grupo nesta XXXIX Festa do Gaiteiro e achegaron unha formación similar: gaita, frautín, caixa e bombo tocados por membros do grupo de gaitas.

foto-recreaciocc81n

Ademáis dos Abrentes, houbo música durante todo o día. Pola mañá, ás 11:30h o pasarrúas correu a cargo dos grupos Foula, Os Terribles de Camposancos e a Banda de Gaitas de Forcarei. Ás 12:30h tivo lugar o pregón e a ofrenda floral na Praza do Gaiteiro, da man de Xurxo Souto, Oscar Ibáñez e a Banda de Gaitas de Forcarei. A sesión vermut previa ao xantar popular que tivo lugar na carballeira, ás 13:30h, foi amenizada polo grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo.

Xa pola tarde foi a quenda da ruada, que comezou ás 16:30h coas agrupacións As Pandereteiras de Quireza, A Flor do Toxo, As Rebuldeiras de Soutelo e os Terribles de Camposancos.

O fin de festa correu a cargo da Carballeira de Cercio, ás 20:30h na Praza dos Gaiteiros.

Advertisements