O día 27 de novembro (2010) ás 19:30 celebrouse a presentación do libro “As bandas de música de Cerdedo” do autor Manuel Campos Toimil (colaboran Xosé Luís Troitiño e Rubén Troitiño) no Centro Cultural de Cerdedo (Auditorio). A este acto sumáronse unhas 120 persoas que se achegaron ao auditorio municipal.

A presentación abriuse coas palabras do presentador do acto, Roberto Vázquez e foi seguido dun video explicativo sobre o libro. O autor, Manuel Campos, falounos da súa estructura e fíxonos un pequeno esquema de tódalas bandas de música que existiron en Cerdedo. Tamén se sumaron a esta presentación algún dos músicos daquelas bandas coma Julio Durán, Pepe Varela, Pepe Iglesias, Nicolas García e Eduardo Troitiño os cales contaron en primeira persoa algunhas das vivencias daqueles tempos. Foron entregados exemplares dos libros a estos músicos por ser os informantes principais para a elaboración deste traballo. Tamén foron entregados o libro “As bandas de música de Cerdedo” a: Representante da Banda de música Unión de Campolameiro (entrega Manuel Campos) e ao “Concello de Cerdedo” (entrega Rubén Troitiño, Presidente da “Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo” e recolle o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal de Cerdedo D. Silvestre José Balseiros Guinarte).
Esta presentación rematou coa actuación da Banda Unión Cultural de Campolameiro.
O pasado sábado 28 de abril celebrouse o “III Festival de Bandas de Música de Cerdedo) organizado pola Escola De Música de Cerdedo, onde participou tamén a Banda Unión Cultural de Campolameiro ao que asistiron algúns dos músicos daquelas bandas: Eduardo Troitiño Varela, Jaime Barros Gondariz, Julio Durán Sieiro, Ramón Ricoy Mosquera e Nicolás García Fortes.
