O próximo martes 31 de outubro a partir das 19.00 terá lugar diante do mercado do Calvario o Serán do Samaín:
Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.
Teremos festa ata ás 23.30, repartiremos chocolate e rosca para todos os asistentes
Este ano contaremos con Tarambainas, Pandereteiras A Buxaina, Sete Cuncas e as agrupacións de O Fiadeiro entre outros. Teremos talleres para nenos organizados por Koremi e Troula durante toda a tarde.
Agradecementos ó Concello de Vigo por confiar un ano mais na Asociación O Fiadeiro para organizar o evento.
Esperámosvos para pasar unha tarde/noite de medo.