Serán O Fiadeiro 2016

seranfiadeiro.jpg

O Fiadeiro despide o ano cunha tarde-noite de festa tradicional, para todas as idades.

A A.C.F O Fiadeiro convida a toda a cidadanía á celebración do seu serán, que terá lugar o vindeiro sábado 3 de Decembro, no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (Avenida Santa Mariña, 95, 36318 Vigo). Pequenos e maiores podrán disfrutar coas actuacións musicais en directo, e divertirse e bailar ao xeito tradicional da festa serán.

A partir das 20:00 horas, comezará o serán infantil con música e sorteos para os nenos/as que se acheguen ata Cabral.

Ás 22:00 horas comezará a festa serán con música e baile tradicional durante toda a noite, que contará coa participación de agrupacións musicais da comarca convidadas ao evento, e doutras moitas que se achegarán para participar de xeito espontáneo, tal e como rexe na celebración dos seráns. Así que non o dubidedes; traede o voso instrumento e participade.

A entrada é gratuíta e haberá chocolate para todos os asistentes á festa.

“O que non canta nin baila, que vén facer ó serán?
Aprender catro mentiras, para ir contar mañán?”


Contacto – tfno. 986 253 585 / 629 585 355
ofiadeiro@ofiadeiro.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s