Xa está aberto o prazo de matrícula para a Escola da ACF O Fiadeiro de Vigo.
Dende 1998 están a funcionar as Aulas de Música e Danza Tradicional de “O Fiadeiro” como actividade primordial no que se refire á difusión da cultura tradicional e como un importante nexo entre o “aprendido” e a realidade cultural da tradición galega.
O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.
A través de diversas metodoloxías pedagóxicas, profesionais das distintas materias mostran unha maneira de lograr o seu obxectivo, transmitindo, para que así perdure, a nosa tradición.
Grazas a este labor, da Escola “O Fiadeiro” xorden novos grupos que forman a canteira que accederá posteriormente á agrupación principal, acadando diversos premios e mencións en diferentes concursos ao longo da xeografía galega: Concurso de Danza Tradicional Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela), Concurso de Baile Tradicional da Asociación Xuvenil Xacarandaina (A Coruña), Concurso de Baile Tradicional Malveiras (Vilagarcía de Arousa), Xornadas de Música e Baile Tradicional (Vigo) ou Concurso de Baile Tradicional Azaloira (Bandeira).
Se estás interesado-a nalgún dos cursos consulta as bases para a matrícula coas condicións e descontos familiares e para varias actividades. Se tes algunha dúbida ponte en contacto coa secretaría da asociación-
Máis información no 629 585 355 / 986 253 585 – ofiadeiro@ofiadeiro.com