“Un río de músicas por la paz” – Julio Domínguez
Na liña do espíritu didáctico e de aprendizaxe que carateriza a agrupación benxamín da Orquestra Sinfónica Vigo 430, nesta tempada propuxo rodearse de voces, uns 70 cantores para crear un coro efímero que acompañe á Xove Vigo 430 no concerto que ofrece o 21 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo.
A Xove Vigo 430 iniciará a actuación en solitario con “El Moldava”, de Smetana. Músicos e cantores interpretarán un programa con música dos séculos XX-XXI que inclúe, ademais de varias intervencións instrumentais, un grupo de pezas con textos en galego agrupadas baixo o título “Cantos de Amor e Soidade” compostas ou arranxadas polo propio Julio Domínguez, “5 Cancións de Amor en hebreo” de Eric Whitacre e unha especial versión da Missa “Pro Pace” do compositor vasco Javier Busto.
Domínguez tamén levará a batuta. A compartirá con Irene Gómez-Calado, directora asistente da Filharmónica Grands Écoles de París.