a-viaxe-de-jose-do-campo

Conto orixinal creado por Xavier Balsas e Rafa Crespo en formato libro/CD, para disfrutar toda a familia.

O disco inclúe 15 pistas de audio que fan referencia a esta fabulosa viaxe do noso querido protagonista José, un rapaz do Courel que, motivado polo seu afán de coñecer novas músicas, decide improvisar a súa propia viaxe. Todas as músicas que aquí se recollen, son interpretadas polo grupo O Fiadeiro, así como a narración do propio conto, na última pista do CD.

Para os docentes, mestres… inclúense as partituras dos temas, letras das cantigas e diversas actividades para poder traballalos e disfrutalos no aula.


Ficha técnica

Título: A viaxe de José do Campo. Unha historia musical dende o Courel ata Nova Orleans
Historia: Xavier Balsas | Rafa Crespo
Ilustracións: Xacobe Bobillo
Música: O Fiadeiro
Produción e gravación: Rafa Crespo | Rubén Troitiño (ChisPún! Estudio)
Maquetación: Iago Barreiro | Aitana Costas
Editado e creado por O Fiadeiro e Ton e Son Editorial
Impreso: Obradoiro Gráfico S.L. Mos (Pontevedra) – España
Encadernado: Pino Encuadernaciones

Advertisements