A. C. Os Abrentes de Cerdedo

VOLTAR ATRÁS

O grupo de música tradicional Os Abrentes de Cerdedo naceu a partir dunha idea municipal. Fundouse no ano 1994. Isto dou lugar a unha asociación cultural, Os Arxinas, que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a Asociación Cultural Arxina quedando no seu lugar a A. C. Os Abrentes de Cerdedo.

Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo foi creada para a conservación, o estudo e a difusión da música tradicional como parte fundamental da cultura e tradición do pobo galego, centrando o seu estudo na comarca Deza-Tabeirós Terra de Montes.

Na súa traxectoria de máis de vinte anos cabe destacar que no ano 2009, o programa Alalá da Televisión de Galicia adicou un episodio á historia da asociación cultural mostrando todo o traballo que esta realiza. Ademáis disto, o grupo de gaitas ten participado noutros espazos televisivos desta canle coma o Aquí GaliciaGalicia EnteiraO país máis grande do mundoou Luar.

Diversas festas de interese ademáis de homenaxes e congresos: Festa do Gateiro de Soutelo (XVIII, XXIII e XXIV) (Soutelo de Montes – Forcarei), Festa da Fervenza (Vimianzo), Xacobeo´06 e ´07: Vai de Camiño (Vilaboa e Sanxenxo), A Rapa das Bestas (Sabucedo – A Estrada), 28 Congreso Nacional de Farmacoloxía (Santiago de Compostela), Festa da Vincha (VIII e X) (Cerdedo), Festa Gastronómica do Xabarín (III, IV, V e VI) (Cerdedo), 57 Congreso Nacional de Pediatría (Santiago de Compostela), Feira Franca (Pontevedra), XV Festa da Anguía (Pontesampaio), Foliada do demo (Pontevedra), Músicas de Taberna (Pontevedra), Certame Nacional Galego de narracións breves: Premio Modesto R. Figueiredo (Cerdedo), Homenaxe a D. Álvaro Fernández Fiuza (Cotobade), XXXVIII Festa do Requeixo (Cotobade), III Festa do pan de millo e ovo (Cotobade), XV Festa do Cogumelo (Soutelo de Montes – Forcarei)

Na actualidade, a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo, está integrada polo Grupo de gaitas tradicionais Os Abrentes de Cerdedo.

Programa Alalá da Televisión de Galicia

Os Abrentes de Cerdedo son os herdeiros dunha inmensa fortuna: a enorme tradición musical que ten a comarca de Terra de Montes, unha zona onde houbo gaiteiros ilustres, como os gaiteiros de Soutelo; acordeonistas de sona; tres bandas de música a un tempo e pandereteiras en cada parroquia.

Pois ben, cada un dos Abrentes foi recollendo o saber de todos estes mestres para condensalo, ás veces, como grupo de gaitas e outras como charanga. Eles, que son oito, están encantados de ser os continuadores na transmisión de todo este tesouro musical.

As pandereteiras de Barro de Arén; Jesús Campos o dos Diplomáticos do Acordeón ou o coñecido gaiteiro e artesán Bartolo, son algúns dos mestres destes oito músicos dos Abrentes, entre os que hai un pai e un fillo e dous irmáns. Están convencidos de que a música une as xeracións e como xa a tiñan na casa só tiveron que decatarse do importante que era. Grazas a eles, segue habendo festa en Cerdedo, algo ao que os veciños estaban moi afeitos, pero que nos últimos anos foi indo a menos porque a xente marchou de alí para buscar traballo.


Programa Luar da Televisión de Galicia

Actuación das Pandeireteiras de Barro de Arén xunto con tres dos membros da A. C. Os Abrentes de Cerdedo, Rubén Troitiño (gaita), Jesús Pérez (tambor) e José Cudeiro (bombo) no programa Luar  da Televisión de Galicia na presentación da IV Festa Gastronómica do Xabarín de Cerdedo.

Actuación do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo no programa Luar da Televisión de Galicia presentando a súa primeira maqueta o venres 1 de decembro do 2017.


Programa Aquí Galicia da Televisión de Galicia

Actuación do grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo no programa Aquí Galicia da Televisión de Galicia presentando a súa primeira maqueta o sábado 2 de decembro do 2017 dende Forcarei co motivo da celebración da XXIV Festa Gastronómica da Richada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s